jueves, 24 de febrero de 2011

As revoltas contáxianse..agora tócalle a Libia...

 Parece ser que as revoltas contáxianse, xa que despois do que aconteceu en Exipto estes ultimos días en Libya estanse a producir manifestacións que darán lugar a unha auténtica revolución que podería sedembocar nunha guerra civil.
   Aínda que as manifestacións comezaron o dia 15 de Febreiro, non foi ata o fin de semana seguinte cando a situación empeorou, aumentado os enfrontamentos dos manifestantes contra o exército, que ao pareces non está dudando en utilizar toda a súa forza a hora de parar aos opositores do dictador Gadafi.
   O día 2O Saif el Islam, fillo de Gadafi, protagonizou un discurso televisado co que buscaba conseguir a unidade nacional e baixar o nivel de violencia nas rúas. O discurso tiña unha mensaxe de comprensión cara os manifestantes, anunciando que comezaría un camiño cara a modernización de Libia. Sen embargo, neste discurso deixaba claro que ese cambio cara unha nova Libia debería estar dirixido por Gadafi. Según este a única alternativa sería unha sanguenta guerra civíl.
  No seu discurso, Saif dividíu a os impulsores das revoltas en tres grupos, un que estaría composto por opositores políticos tanto libios como estranxeiros que so buscan desestabilizar o país. O segundo grupo serían os eslamistas, que buscan crear un estado islámico, para os que non dudaran en asasiñar aos militares libios e facerse cos seus equipos e vehículos, por último existiría un terceiro grupo composta por persoas que realizan reivindicacións xustas para melloras a súa vida, sendo según Saif este o único que sería escouitado polo poder.
 
       O dictador Gadafi encóntrase en Tripoli, a capital de Libia, liderandoo cambate. A opinión internacional comezou a presionar o réxime de Gadafi, que leva 42 anos no poder, para que iniciase un cambio rápido cara unha sociedade máis democrática e xusta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario