viernes, 8 de abril de 2011

As vacacións de Semana Santa perfectas...

  Para que as vacacións de Semana Santa fosen perfectas, terían que durar polo menos unha semana máis. Os profes non nos poderían mandar deberes e non teríamos que ter ningún examen o volver a clase. Neses días teriamos que estar moi relaxados e ir ve viaxe, a algún sitio como Londres, París, New York...calquera valería con tal de ir lexos e pasalo ben. Tería que facer moi bo tempo para poder ir a praia ou piscina. Sería perfecto que esa viaxe a fixeramos cos nosos mellores amigos/as, estariamos todo o día e festa e seguiriamos pola noite...

viernes, 1 de abril de 2011

Acelerador de partículas....

   O acelerados de partículas é un dispositivo que emprega campos eléctricos para impeler particulas elementais cargadas eléctricamente a altas velocidades no seu interior. Existen dous tipos básicos de aceleradores: lineais e circulares.
   Un dos temas que creou máis polémica sobre o funcionamento do acelerador de partículas foi a posible creación dun burato negro que podería destruir a Terra. Pero está demostrado que isto non pode ser posible xa que ainda que a enerxía que se utiliza é elevada  non o é tanto como para crear un burato negro, e se houbese a posibilidade de que isto ocorrese seria tan pequeno que se desintegraría os poucos segundos. 
 Con este experimento o que se pretende é conseguir recrear o instante seguiente ao Big Bang. Para isto aceléranse unhas partículas chamadas protóns en direccións opostas facendo que chegada a súa velocidade máxima, case a velocidade da luz, colisionen.
   O estudio das partículas, pode ser nun futuro útil para o desarrollo da medicina, a exploración espacial, tecnolóxia electrónica...

O acelerador de partículas...

un aburrimento!!!!

viernes, 25 de marzo de 2011

La Singularidad!!!

En futurología, la singularidad tecnológica (algunas veces llamada simplemente la Singularidad) es un acontecimiento futuro en el que se predice que el progreso tecnológico y el cambio social se acelerarán debido al desarrollo de inteligencia superhumana, cambiando nuestro ambiente de manera tal, que cualquier ser humano anterior a la Singularidad sería incapaz de comprender o predecir. Dicho acontecimiento se ha nombrado así por analogía con la singularidad espaciotemporal observada en los agujeros negros, donde existe un punto en el que las reglas de la física dejan de ser válidas, y donde la convergencia hacia valores infinitos hace imposible el definir una función.


viernes, 11 de marzo de 2011

11 M...

  Fai hoxe sete anos dos atentados do 11-M. As víctimas, políticos e axentes sociais recordaron este venres en Madrid en distintos actos os 192 mostos e aos 2.000 feridos.






  A xornada de conmemoración comezou as 9.00 horas coa tradicional ofrenda floral da Comunidade de Madird presidida pola sua presidenta, na sede rexional da Porta do Sol, na que hai colocada unha placa en recordo das víctimas e dos madrileños que ese día axudaron a atendelos.
       As 10.30 horas ordanizousa un acto de inuaguración do monumento da estación de Cercanías de El Pozo, donde estallou unha das bombas.

      Este é o maior atentado cometido en Europa ata a fecha, con dez explosións case simustáneas en catro trens na hora punta da mañá, entre as 07:36 e as 07:40). Máis tarde, de forma controlada a policía detonou dous artefactos que non estallaran, e desactivaron un terceiro que permitiu uniciar as primeiras pesquisas que conducirían a identificación dos aoutores.











jueves, 24 de febrero de 2011

As revoltas contáxianse..agora tócalle a Libia...

 Parece ser que as revoltas contáxianse, xa que despois do que aconteceu en Exipto estes ultimos días en Libya estanse a producir manifestacións que darán lugar a unha auténtica revolución que podería sedembocar nunha guerra civil.
   Aínda que as manifestacións comezaron o dia 15 de Febreiro, non foi ata o fin de semana seguinte cando a situación empeorou, aumentado os enfrontamentos dos manifestantes contra o exército, que ao pareces non está dudando en utilizar toda a súa forza a hora de parar aos opositores do dictador Gadafi.
   O día 2O Saif el Islam, fillo de Gadafi, protagonizou un discurso televisado co que buscaba conseguir a unidade nacional e baixar o nivel de violencia nas rúas. O discurso tiña unha mensaxe de comprensión cara os manifestantes, anunciando que comezaría un camiño cara a modernización de Libia. Sen embargo, neste discurso deixaba claro que ese cambio cara unha nova Libia debería estar dirixido por Gadafi. Según este a única alternativa sería unha sanguenta guerra civíl.
  No seu discurso, Saif dividíu a os impulsores das revoltas en tres grupos, un que estaría composto por opositores políticos tanto libios como estranxeiros que so buscan desestabilizar o país. O segundo grupo serían os eslamistas, que buscan crear un estado islámico, para os que non dudaran en asasiñar aos militares libios e facerse cos seus equipos e vehículos, por último existiría un terceiro grupo composta por persoas que realizan reivindicacións xustas para melloras a súa vida, sendo según Saif este o único que sería escouitado polo poder.
 
       O dictador Gadafi encóntrase en Tripoli, a capital de Libia, liderandoo cambate. A opinión internacional comezou a presionar o réxime de Gadafi, que leva 42 anos no poder, para que iniciase un cambio rápido cara unha sociedade máis democrática e xusta.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Exipto...

Actualmente a situación en Exipto está a ser moi complexa e confusa.
O actual Presidente é Hosni Mubarak, designado por referéndum en outubro de 1981 por un periodo de 6 anos e reelexido sucesivamente en 1987, 1993, 1999 e 2005.  Parece ser que despois de trinta anos de ditadura de Mubarak, as novas xeracións queren que haxa un cambio político hacia a democracia. Todo comezou coas chamadas, revoltas populares. O 23 de xaneiro, día coñecido como "día da Furia", as diversas cidades de Exipto esixiron a renuncia do actual presidente Hosni. A estas reivindicacións o Goberno respondeu con efectivos da policía, tropas do exército, patrullas de rúa e toques de queda. A falta de democracia e a opresión do pobo facíase cada vez máis grande para o presidente e a sua postura de manterse no poder. O goberno boquecou os accesos a internet
   As razón das revoltas en conflitos en Exipto débense principalmente, a búsqueda da liberdade, máis democracia e empleo.
     O efecto internacional foi de gran impacto,Barack Obama pediu que Mubarak manteña o diálogo co seu pobo, e insistiu nunha reforma política de base.
     Despois de todas estas revoltas e por causa da presión exercida pola sociedade, o presidente Mubarak, saliu da cicade do Cairo xunto a súa familia e encóntrase na cidade portuaria de Sharm Sheij, as orillas do mar Roxo. O poder está agora nas mans dos militares, representados polos Consello Supremo Militar.